Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.303

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

RESOLUCIÓN número 16 do 30 de decembro de 2000 pola que se convoca concurso-oposición pública para a provisión de vacantes na TVG, S.A. de persoal laboral de carácter fixo.

Esta dirección xeral resolveu convocar probas de admisión para a contratación de traballadores fixos, que se rexerán polo establecido nas seguintes bases:

1. Xerais.

1.1. Convócase concurso-oposición público para a provisión de sete (7) vacantes no cadro de persoal de TVG, S.A. As prazas obxecto desta convocatoria son as seguintes:

Técnico electrónico: 5.

Oficial técnico electrónico: 2.

1.2. O proceso de selección realizarase mediante concurso-oposición. A oposición compoñerase de tres (3) probas: teórica, práctica e lingüística, das que o desenvolvemento, contidos e puntuación se especifican no punto 6 destas bases. O concurso de méritos, ó que accederán os candidatos que teñan superada a oposición, axustarase ó que se establece no seu punto 7.

1.3. A contratación laboral dos aspirantes que teñan superado o proceso de selección producirase no prazo máximo de seis (6) meses, que se contarán desde o día seguinte á data de publicación dos resultados do concurso-oposición.

2. Requisitos de admisión.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas do concurso-oposición público, os aspirantes deberán reunir no momento da convocatoria os seguintes requisitos:

2.1.1. Seren español.

2.1.2. Teren cumpridos os dezaoito (18) anos.

2.1.3. Posuíren e acreditaren a titulación ou requisitos que se establecen para cada vacante nos anexos 1 e 2 desta convocatoria. En canto á experiencia acreditada en posto similar, entenderase

directamente relacionada coa categoría profesional obxecto da convocatoria a que aspira o opositor.

2.1.4. Non padeceren enfermidade ou defecto físico-psíquico que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes a vacante á que se opta, para o que se someterá a un recoñecemento médico se resulta seleccionado.

2.1.5. Non estaren inhabilitados por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte no concurso-oposición deberá facelo constar en instancia dirixida ó director xeral da Compañía de Radiotelevisión de Galicia, segundo o modelo que se achega a esta convocatoria.

3.2. As solicitudes deberán entregarse na Compañía de Radiotelevisión de Galicia, Dirección de Recursos Humanos da CRTVG ou por calquera dos medios establecidos no artigo 6.6º da Lei do procedemento administrativo.

3.3. O prazo de presentación de solicitudes será de (30) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Así mesmo, publicarase a convocatoria nos xornais de máxima difusión de cada unha das provincias galegas.

3.4. Xunto á solicitude, deberase achegar fotocopia do documento nacional de identidade, os títulos ou certificados que acrediten o cumprimento dos requisitos esixidos para o acceso ás probas correspondentes a cada praza, e mailos documentos acreditados dos méritos alegados e xustificante, emitido pola entidade bancaria que corresponda, de ter aboados os dereitos de exame.

3.5. Rexeitaranse todas aquelas instancias que non acheguen os documentos acreditativos dos títulos académicos ou outros requisitos esixidos para o acceso ó concurso-oposición da vacante de que se trate, dos méritos alegados para a súa avaliación na fase de concurso e máis do aboamento dos dereitos de exame. Non se admitirán fotopocias simples para acreditar méritos ou cumprir requisitos.

3.6. Por cada vacante á que se opte será preciso presentar unha solicitude independente, orixinais ou copias compulsadas ou testemuñadas dos documentos acreditativos dos títulos académicos ou outros requisitos esixidos para o acceso ó concurso-oposición da vacante de que se trate e os acreditativos dos méritos alegados para a súa avaliación na fase de concurso. En cada solicitude, o aspirante manifestará que reúne tódalas condicións esixidas nas bases en relación coa praza a que aspira.

3.7. O dereito de inscrición por vacante será de cinco mil pesetas, que se ingreserán na conta aberta pola Compañía de Radiotelevisión de Galicia na Caixa de Aforros de Galicia Rúa Nova, Santiago de Compostela, conta CRTVG, concurso-oposición nº de conta 2091-0388-96-3110000324, ingresaran

se, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes; o xustificante de ingreso servirá para acredita-lo se aboamento. Estes dereitos destinaranse ó pagamento de cantos gastos se orixinen por mor desta convocatoria.

3.8. A Dirección de Recursos Humanos da CRTVG reserva para si a facultade de comproba-la veracidade dos documentos achegados polos aspirantes e o dereito a exerce-las accións penais correspondentes no caso de falsidade.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director de Recursos Humanos da CRTVG publicará na sede dos tribunais e dentro dos vinte (20) días naturais seguintes, a lista provisional de admitidos e exluídos; respecto destes últimos, farase constar na devandita lista a causa da súa exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos poderán presentar reclamación perante a dirección xeral da CRTVG no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da lista provisional de admitidos e excluídos. A resolución do director xeral da CRTVG comunicaráselle ó interesado e publicarase nas sedes dos tribunais.

4.3. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, ben de oficio ben por instancia do interesado.

4.4. Resoltas as reclamacións, publicarase a lista definitiva de admitidos e excluídos na sede dos tribunais.

5. Tribunais.

5.1. Os tribunais estarán compostos por:

-O director xeral da CRTVG ou persoa en que delegue, que actuará como presidente.

-O director de Recursos Humanos da CRTVG, ou persoa en quen delegue.

-O director ou máximo responsable da área a que pertenza a vacante.

-Tres (3) representantes dos traballadores, designados polo comité de empresa entre os empregados do cadro do persoal fixo.

-Un asesor lingüístico da empresa nomeado por común acordo.

-Un (1) profesional, alleo á CRTVG e ás súas sociedades, cualificado na especialidade correspondente e tamén nomeado de común acordo.

5.2. No suposto de que a vacante ou vacantes para prover sexan dunha categoría profesional para a que se esixa título universitario superior, o profesional externo terá que estar en posesión dese título superior.

5.3. Funcións dos tribunais:

5.3.1. Elabora-las probas e garanti-lo seu segredo.

5.3.2. Avalia-las probas e outorgarlles cualificacións ós aspirantes segundo as normas desta convocatoria.

5.3.3. Aplica-la normativa que rexe a provisión das prazas e resolve-los problemas da administración e da realización do concurso-oposición.

5.3.4. Formalizar, mediante actas, todo o proceso de concurso-oposición e mailo resultado final.

5.4. As decisións dos tribunais, agás o establecido no punto 6.4., tomaranse por maioría simple. Os empates decidiranse co voto de calidade do presidente.

5.5. Cualificación e publicación dos resultados:

Unha vez rematadas as probas, os tribunais procederán á cualificación, segundo os criterios de avaliación establecidos, e á publicación dos resultados mediante unha relación dos aspirantes por orde de cualificación, da máis alta á máis baixa.

A empresa, de acordo cos resultados do concurso-oposición e no suposto de haber aspirantes que superasen os mínimos de cualificación esixibles, procederá á contratación con carácter fixo ata o número de vacantes fixadas no concurso-oposición, dentro do grupo de aspirantes que propoñan os tribunais.

5.6. Sede dos tribunais.

6. Oposición: desenvolvemento das probas.

6.1. Establécense tres (3) tipos de probas, que se realizarán pola orde seguinte: teórica, práctica e lingüística.

6.2. Teórico/práctica.

6.2.1. Teórico:

Consistirá no desenvolvemento de temas ou na contestación a un cuestionario sobre aspectos directamente relacionados coas funcións e obrigas da vacante convocada. O temario que corresponde á categoría consta nos anexos I e II desta convocatoria.

6.2.2. Práctica:

Consistirá na realización dun exercicio práctico tamén relacionado coa vacante.

6.2.3. O conxunto das probas teórica e práctica será eliminatorio para aqueles aspirantes que non acaden, entre ámbalas dúas, a cualificación mínima de dez (10) puntos, avaliándose de cero (0) a dez (10) puntos cada exercicio. Non obstante, ámbalas probas serán tamén eliminatorias por separado para os aspirantes que non acaden un mínimo de catro (4) puntos na teórica e de cinco (5) puntos no exercicio práctico.

6.3. Lingüística:

Consistirá na realización dun exercicio teórico e outro práctico, orientados á demostración do coñecemento oral e escrito do idioma galego.

6.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, e será excluído quen non compareza. Os anuncios para a celebración dos exercicios faranos públicos os tribunais na súa sede, con corenta e oito (48) horas de antelación, como mínimo, ó seu comezo.

7. Concurso: baremo de méritos.

7.1. O tribunal avaliará os méritos que acrediten os aspirantes que teñan superado a oposición: experiencia, titulación e outros.

7.2. Experiencia acreditada, ata un máximo de 1,5 puntos.

7.2.1. No mesmo posto de traballo a que se aspira desempeñado en servicios técnicos, administrativos ou auxiliares de empresas de televisión:

-0,05 puntos por mes ata un máximo de 1,5 puntos.

7.2.2. Nun posto de traballo do mesmo grupo profesional a que se aspira desempeñado en servicios técnicos, administrativos ou auxiliares de empresas de televisión:

-0,03 puntos por mes ata un máximo de 0,9 puntos.

7.2.3. No mesmo posto de traballo a que se aspira desempeñado en empresas distintas ás de televisión.

7.3. Titulación, ata un máximo de 0,75 puntos, se acreditan:

7.3.1. Titulación universitaria superior distinta á esixida na convocatoria: máximo, 0,5 puntos.

7.3.2. Titulación académica de nivel superior á esixida na convocatoria: máximo, 0,25 puntos sempre que non sexa as valoradas no punto anterior.

7.4. Outros méritos:

A xuízo do tribunal e ata un máximo de 0,25 puntos, de se acreditaren méritos que, sen estaren incluídos nos puntos anteriores, garden relación coa vacante a que se aspira.

8. Selección de aspirantes, contratación laboral e período de proba.

8.1. Rematado o concurso-oposición, os tribunais na súa sede a relación de aspirantes seleccionados por orde de puntualidade; esta puntuación final dos aspirantes resultará das cualificacións obtidas nas dúas (2) fases do proceso de selección.

8.2. Os aspirantes que obteñan praza deberán proceder á súa incorporación no prazo máximo de cinco (5) días desde a notificación; de non efectuarse entenderase como renuncia tácita ó seu posto de traballo, sen prexuízo da empresa.

8.3. Tódalas contratacións para ocupar vacantes do cadro de persoal fixo estarán sometidas a un tempo de proba de tres meses naturais.

Serán computables, como tempo de proba, os períodos en que o empregado ou empregada traballase nas mesmas tarefas obxecto do contrato fixo no cadro de persoal por razón do contrato anterior.

8.4. Se os aspirantes seleccionados non subscribisen contrato de traballo ou non efectuasen a súa incorporación ó seu debido tempo, ou se producise a desistencia do contrato durante o período de proba, a dirección xeral da CRTVG poderá efectua-la contratación a favor do seguinte aspirante que, sen estar proposto en razón da limitación de prazas, ou seguise na orde de puntuación.

8.5. Incompatibilidades.

O desempeño de calquera posto de traballo na TVG estará sometido ás incompatibilidades previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro (BOE do 4 de xaneiro de 1985), de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

9. Normativa aplicable e interpretación das bases.

9.1. O presente concurso-oposición rexerase, en primero lugar, pola Lei 9/1984, do 11 de xullo, e, en segundo lugar, polas bases desta convocatoria, polos acordos da comisión paritaria de interpretación do convenio, polo vixente convenio colectivo único da CRTVG e as súas sociedades e polas decisións do Consello de Administración da CRTVG.

9.2. As presentes bases son vinculantes para Televisión de Galicia, S.A. para os participantes no concurso-oposición e para os tribunais. Correspóndelles a estes últimos a facultade da súa interpretación.

10. Recursos.

A convocatoria e as súas bases, e mais cantos actos administrativos deriven destas e das actuacións dos tribunais, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida nas leis.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2000.

Francisco Javier Ruiz de Cortázar

Director de Recursos Humanos da Compañía de

Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades

ANEXO I

Categoría: oficial técnico electrónico.

Definición de categoría:

Leva a cabo os traballos de montaxe, conexión, control e interpretación de sinais. Realiza tarefas de reparación de avarías e mantemento rutineiro e colabora con técnicos de superior categoría.

Ocúpase do mantemento xeral dos equipos existentes nos centros de TV, controla emisións e fai traballos en torres de emisións. Cando llo encomenden os seus superiores.

Exerce funcións eminentemente prácticas, de construcción electrónica, operación, explotación e inspección. Colabora na planificación e desenvolvemento das instalacións de TV.

Nivel de formación:

Formación profesional de 2º grao, rama electrónica. Ou graduado escolar, ou equivalente, e dous (2) anos de experiencia acreditada en posto similar.

Temario:

I. Xerais.

1. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. A administración local.

2. Estatuto de autonomía de Galicia: significado e estructuración. Parlamento de Galicia: constitución e funcións. O presidente da Xunta de Galicia e o Consello. O Valedor do Pobo. O Consello de Contas.

3. Radiotelevisión pública e radiotelevisión privada. A Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades: ley de creación. O Consello de Administración. Control Parlamentario da CRTVG.

II. Específicas.

1. Matemáticas. Monomios e polinomios. Fraccións alxebraicas. Coordenadas cartesianas rectangulares. Ecuación de primeiro grao. Ecuación da recta. Concepto de función. Gráficas.

2. Matemáticas. Sistemas de ecuacións. Aplicacións gráficas. Ecuación de segundo grao. As funcións exponenciais e logarítmicas. Logaritmos. Trigonometría básica. Números complexos. Vectores.

3. Matemáticas. Rectas e planos, posicións relativas, paralelismo e perpendicularidade. Ángulos diédricos: triedros, poliedros. Proporcionalidade no espacio. Prismas, pirámides e troncos de pirámides. O ortoedro. Poliedros regulares. Corpos de revolución. Áreas laterais: totais e volumes. Estudio descritivo das cónicas.

4. Física. Cinemática. Movementos rectilíneos. Dinámica do punto e do sólido ríxido. Leis de Newton. Gravidade. Centro de gravidade. Hidrodinámica. Teorema de Bernuilli. Aerostática. Presión atmoférica. Barómetros. Acústica. Propagación e cualidades do son. Óptica. Propagación, reflexión e refracción da luz.

5. Electricidade. Electrostática. Lei de Coulomb. Campo eléctrico. Potencial eléctrico. Corrente eléctrica. Teoría da conducción. A tensión. A resistencia. Lei de Ohm. Xeneralidades sobre os circuítos en corrente continua. Circuíto serie e paralelo. Leis de Kirchoff. Magnetismo. Imaxes. Relacións entre corrente eléctrica e campo magnético.

6. Electricidade. Correntes alternas. Xeradores. Valores instantáneos máximos e eficaces. Correntes polifásicas. Xeradores eléctricos, clasificación e características. Xeneralidades sobre transformadores. Teoría de funcionamento. Relación de espiras, tensión e corrente.

7. Electrónica. Válvulas de gas. Conexión electrónica dos metais. Conducción electrónica a través do baleiro, gases e vapores. Díodos. Tríodos. Células fotoeléctricas: características e aplicacións. Semiconductores. Propiedades físico-químicas. Transistores. Características e aplicacións.

8. Electrónica. Circuítos rectificadores. Teoría elemental. Circuíto onda e media e onda completa. Circuítos básicos pasivos. Circuíto RL, RC, ERLC, diferenciadores, integradores, alternadores, filtros. Circuitos básicos activos. Simplificadores. Tipos e ganancias. Amplificadores de potencia. Amplificadores sintonizadores. Aplicacións. Distorsión. Oscilacións senoidais de BF e AF. Ideas xerais. Multivibradores.

9. Electrónica. Tecnoloxía de compoñentes. Fabricación de resistencias, condensadores de varios tipos. Fabricación de válvulas de baleiro e semiconductores. Fabricación de bobinas, relés e transformadores. Fabricación de materiais magnéticos. Ideas xerais. Propiedades. Utilización de catálogos comerciais.

10. Electrónica. Xeradores de sinal. De BF e AF. Ondas senoidais. Cadradas e dentes de serra. Aplicacións de ideas xerais. Modulación e desmodulación. En AM e FM. Ideas elementais. Tubo de raios catódicos. Balística do electrón. Sensibilidade. Métodos de enfoque. Métodos de deflexión. Bases de tempos. Sincronización. Pantallas, dous tipos.

ANEXO II

Categoría: técnico electrónico.

Definición de categoría:

Exerce funcións, eminentemente prácticas, de construcción electrónica, mantemento, operación, explotación e inspección técnica. Colaboración na planificación e desenvolvemento das instalacións de TV.

Asiste tecnicamente os servicios de TV, e mantén no seu perfecto estado de funcionamento todo o material técnico dos centros de emisión. Ten iniciativa propia, debéndose axustar á normativa técnica existente no tocante ó mantemento preventivo e ó asesoramento técnico.

Nivel de formación:

Formación profesional de 2º grao, rama electrónica, e 1 ano de experiencia acreditada en posto similar. Ou formación profesional de 1º grao, rama electrónica, e dous (2) anos de experiencia acreditada en posto similar. Ou bacharelato superior e dous (2) anos de experiencia acreditada en posto similar. Ou graduado escolar ou equivalente, e tres (3) anos de experiencia acreditada en posto similar.

Temario:

I. Xerais.

1. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. A Administración local.

2. Estatuto de autonomía de Galicia: significado e estructuración. Parlamento de Galicia: constitu

ción e funcións. O presidente da Xunta de Galicia e o Consello. O Valedor do Pobo. O Consello de Contas.

3. Radiotelevisión pública e radiotelevisión privada. A Compañía de Radiotelevisión de Galicia e as súas sociedades: Lei de creación. O Consello de Administración. Control parlamentario da CRTVG.

II. Específicas.

Coñecementos básicos de matemáticas. Mínimo común múltiplo. Máximo común divisor. Fraccións alxebraicas. Números complexos e vectores. Logaritmos. Resolución de ecuacións de 1º e 2º grao. Representación de funcións. Potenciación. Radicación. A circunferencia. Medidas de ángulos. Operacións con ángulos. Trigonometría básica. Razóns trigonométricas. Derivadas. Integrais inmediatas. Concepto de integración definitiva.

2. Coñecementos básicos de física. Magnitudes e unidades físicas. Notación vectorial. Álxebra de vectores. Cinemática. Movemento rectilíneo. Movemento circular. Principios fundamentais da dinámica. Estática do sólido ríxido. Equilibrio. Traballo e enerxía. Principio de conservación da enerxía. Enerxía térmica. Estática de fluídos.

3. Electricidade. Corrente continua. Lei de Ohm e leis de Kirchoff. Potenciómetros. Asociación de resistencias. Pilas. Baterías. Amperímetros. Voltímetros. Resistencias non lineais. Condensadores. Dieléctricos. Asociación de condensadores. Correntes alternas. Valores medios e eficaces. Representación vectorial da corrente alterna. Relación de fases. Impedancia. Reactancia. Conceptos básicos de magnetismo e electromagnetismo. Transformadores. Autotransformadores. Tomas de terra.

4. Electrónica. Semiconductores. Díodos. Transistores. Triac. Varicap. Distintas montaxes de transistores. Conceptos básicos de xeradores de tensión, corrente, convertedores tensión-corrente e correntetensión. Amplificadores. Realimentación negativa e positiva. Osciladores. Rectificadores. Fontes de alimentación. Estabilizadores de tensión e corrente. Fontes conmutadas. Proteccións nas fontes. Amplificadores operacionais. Amplificadores diferenciais. Transistores en conmutación. Biestables. Monoestables. Astables. Disparador Schmith. Tubos de raios catódicos (Deflexión electrostática, deflexión electgromagnética).

5. Técnica dixital. Principios básicos. Álxebra de Boole. Sistemas de numeración. Portas elementais en técnica dixital. Codificadores. Biestables: D, JK, e RS. Divisores. Contadores. Nocións de micropocesadores -bus de datos, bus de direccións, bus de control, memorias ROM, PROM, EPROM, RAM, portas de entrada e saída- nocións de convertedores A/D e D/A.

6. Son. Movemento ondulatorio. Movemento ondularorio lonxitudinal. O son. Propagación do son. Cualidades do son (intensidade, timbre e ton) fisioloxía do oído. A voz. Acústica, fisiopsicoloxía. Medida e control do sinal de audio. O decibelio. Distorsións acústicas.

7. Colorimetría e óptica. Natureza da luz. Conceptos fotométricos. Unidades. Fotómetros e termocolorímetros. Características da visión humana. Tricromía. Leis de Grassman. Triángulo internacional da cor. Características da luz. Reflexión e refracción. Absorción e difracción etc. Espello e lentes ópticas. Aberracións de lentes. Diafragmas.

8. Modulación de amplitude. AM con dobre banda lateral. Profundidade de modulación. Dobre banda lateral con portadora suprimida e residual. Banda lateral vestixial. Banda lateral única. Potencia e relacións entre os sistemas anteriores. Moduladores balanceados. Heterodinación. Detectores síncronos e de envolvente.

9. Modulación de frecuencia. FM en banda estreita. FM en banda ampla. Amplitude de banda dunha transmisión en FM. Desviación de frecuencia e de fase. Redes de preénfase e deénfase. Discriminadores.

10. Modulación de impulsos codificados (PCM). Fundamentos.

11. Televisión. Análise e síntese da imaxe de televisión. Varrido entrelazado. O sinal de TV en cor. Parámetros e tolerancias do sinal de TV en cor. Elección da frecuencia subportadora de cor. Codificador PAL amplitude de banda do sinal de TV. Monitor de forma de onda. Operación do vectores. Copio. Circuítos típicos en técnicas TV: recortadores, fixadores de nivel, etapas de entrada en ponte, etapas de saída.

12. Receptores. Unidade de R.F. mesturador. Amplificador de F.I. detector. Decodificador PAL. NTSC. Canal de son. Control automático de ganancia. Separador de sincronismos. Varridos. Diagrama de bloques.

13. Nocións básicas de televisión dixital. Vantaxes económicas e técnicas. Transmisión de sinais dixitais de TV. Aplicacións típicas da tecnoloxía dixital en TV.

14. Cámaras. Diagrama de bloques básicos. Procesamento e corrección do sinal de vídeo. Deflexión. Rexistro. Tubos de cámara. Fundamentos. Características.

15. Mesturadores de vídeo. Conmutación do sinal de vídeo. Diversos modos de conmutación. Xerador de efectos. Chaves de croma (Chroma Key). Diagrama de bloques dun mesturador. Definición de termos usados.

16. Telecines. Sistema de análise. Sistema de sinal con matriz lineal ou matriz logarítmica. Sistema de transporte. Son do telecine. Telecine de cámara.

17. Magnetoscopios. Fundamentos da gravación magnética. Gravación magnética do sinal de vídeo: formatos e sistemas. Sistemas de sinal: descrición e diagrama de bloques. Sistema de arrastre (servos): descrición e diagrama de bloques. Transporte de cinta. Erros xeométricos. Correctores de base de tempos (TBC). Edición electrónica.

18. Equipos de son. Micrófonos: clasificación e características. Altofalantes, tipos e características: caixas acústicas. Gravación e reproducción mecánica. Gravacións magnéticas. Mesas de mesturadores: diagrama de bloques. Ecualizadores. Circuítos de presencia. Filtros. Limitador/compresor. Equipos de medida do sinal de audio. Picómetro e vúmetro.

19. Equipos de medida e control. Diagrama de bloques e calibración dos seguintes equipos: osciloscopio, monitor de audio, monitor de forma de onda, vectorescopio e monitor de imaxe.

20. Medidas do sinal de vídeo. Distrorsións. Clasificación. Liñas test. Parámetros que poden medirse sobre as liñas test e procedementos de medida.