Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.303

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO PROVINCIAL DE PROCURADORES DA CORUÑA

EDICTO.

Manuel José Pedreira del Río, vicesecretario en funcións do secretario do Ilustre Colexio Provincial de Procuradores da Coruña.

Por este edicto faise público que a Comisión Permanente do Consello Xeral dos Ilustres Colexios de Procuradores dos Tribunais de España, na súa sesión do 30 de marzo de 2000, en cumprimento do acordo do Pleno deste Consello Xeral do 19 de setembro de 1977, do que xunta a fotocopia, adoptou por unanimidade o seguinte acordo: «Dar de baixa na profesión o procurador dese colexio, Juan José Ulloa Ramos, por perde-la condición de mutualista en virtude de impagamento de cotas, baixa que terá efecto mentres se acredite ter solucionada a situación que dá lugar á expresada baixa».

E para que conste e lle sirva de notificación ó procurador Juan José Ulloa Ramos, con exercicio no Partido Xudicial de Carballo (A Coruña), actualmente con despacho profesional descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, contra a que poderá interpor recurso de revisión no prazo de 20 días a partir da notificaión desta, mediante escrito no que expoñan as razóns de feito e dereito que fundamentan a reclamación, expido este edicto na Coruña o dez de xaneiro de dous mil un.

Manuel José Pedreira del Río

Vicesecretario en funcións de secretario