Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

En cumprimento do establecido polo artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e para os efectos da súa entrada en vigor, faise público, para xeral coñecemento, que o Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 29 de decembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 9 das normas subsidiarias municipais de planeamento, que consiste na análise de consolidación e recuamentos nun tramo da comarcal 550.

Vilanova de Arousa, 11 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado