1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).
2. Obxecto: subministración a restaurante e hospedería de turismo rural e museo etnográfico na Fervenza (L.M.T. aérea, C.T.I. 1 de 50 kVA e acometida B.T.).
3. Orzamento: dez millóns novecentas cincuenta e dúas mil cento oitenta e seis (10.952.186 pesetas).
4. Prazo de execución: dous (2) meses.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería do Inludes.
6. Información: Oficina de Apoio.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 26 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro Xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 15, do 19 de xaneiro de 2001.
Lugo, 29 de xaneiro de 2001.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo