Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Vilalba, do 25 de xaneiro de 2001, pola que se aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que deberá rexe-lo concurso aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación das obras do proxecto básico de execución de reforma e adaptación de edificio existente para sede do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.

a) Forma de adxudicación: levarase a cabo polo procedemento aberto e sistema de concurso mediante tramitación urxente.

b) Tipo de licitación: o tipo de licitación fíxase en 27.098.045 pesetas (vintesete millóns oitenta e nove mil corenta e cinco pesetas) 162.808,43 euros, importe do prezo máximo de execución po contrata, por tódolos conceptos, incluíndo todo tipo de impostos, incluso o IVE.

c) Prazo de execución das obras: o prazo de execución das obras será de seis meses.

d) Proposicións: lugar e prazo de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións dentro do prazo de 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP.

Cada licitador só poderá presentar unha proposición.

e) Garantía provisional: 541.781 pesetas (3.256,17 euros).

f) Garantía definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

g) Criterios de adxudicación: os sinalados no prego.

h) Documentación: a información e documentación estarán á disposición dos interesados na Secretaría do Concello de Vilalba.

Teléfono: 982 51 03 05. Fax: 982 51 18 15.

i) Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

j) Modelo de proposicións: o que figura no prego de cláusulas.

k) Reclamacións: poderán presentarse reclamación contra o prego de condicións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 8 días hábiles, contados a partir da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP de Lugo. Ó mesmo tempo, e de conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto 781/1986, anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que, no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego de condicións, o concurso quedará aprazado ata que aquelas se resolvan.

O custo deste anuncio é por conta do adxudicatario.

Vilalba, 26 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado