Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública da modificación puntual número 21 do PXOU de Vigo, relativa ó sistema viario de conexión entre a autopista A-9 e a rúa Sanjurjo Badía. (Expediente 6109/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 14 de xullo de 2000, acordou aprobar inicialmente a

modificación puntual nº 21 do PXOU de Vigo, relativa ó sistema viario de conexión entre a autopista A-9 e a rúa Sanjurjo Badía, segundo a documentación redactada polos servicios técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o último anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 13 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo