Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O concello, en sesión realizada o día 9 de novembro de 2000, acordou aproba-lo prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán o concurso para a adxudicación do contrato de redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Moaña, as cales se expoñen ó público no prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG e BOP para os efectos de reclamacións. Simultaneamente anúnciase o concurso público, aínda que a licitación se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

1. Órgano de contratación: Concello de Moaña (Pontevedra).

2. Modalidade da adxudicación: expediente ordinario por procedemento aberto mediante a forma de concurso.

3. Contido do contrato e obxecto da licitación: o contido é a redacción do Plan xeral de ordenación urbana no termo municipal de Moaña, de acordo co prego de condicións aprobado polo concello.

4. Tipo de licitación: fíxase en 30.000.000 de pesetas.

5. Prazo de execución: 18 meses.

6. Nome e enderezo ó que deben dirixirse as ofertas: Secretaría do Concello, rúa Ramón Cabanillas, 108, Moaña.

7. Data límite de recepción das ofertas: o día en que se cumpran 26 días contados desde a data de publicación deste anuncio no DOG ou BOP.

8. Apertura de ofertas: farase no salón de actos do concello, ás 13 horas do quinto día hábil, contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións; se fora sábado ou festivo, o día seguinte hábil. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data na que efectúa o envío.

9. Garantía provisional e definitiva: os licitadores acreditarán o depósito da garantía provisional á disposición do concello polo importe equivalente ó 2% do orzamento establecido na licitación, e igualmente o adxudicatario está obrigado a deposita-la garantía definitiva, polo importe do 4% do orzamento da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: os traballos financiaranse con cargo á partida orzamentaria existente no orzamento ordinario do exercicio 2000, e o pagamento efectuarase na forma prevista na cláusula terceira do prego de condicións.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico a que deberá axustarse o contratista: as esixidas para esta clase de contrato.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la oferta: 18 meses.

13. Os criterios de selección e modelo que se utilizará para a adxudicación do contrato serán as que figuran na cláusula 12 do prego de condicións aprobado para este concurso. A proposición presentarase na forma establecida en anexo ó prego de condicións. Presentaranse simultaneamente coa proposición en sobre a parte os documentos que se sinalan na cláusula 10.

14. Para máis información, no prego de condicións á disposición dos concursantes na Secretaría Municipal.

Moaña, 8 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado