Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 15 de novembro de 2000, aprobouse a adxudicación, mediante concurso, para a execución das obras de reforma da planta baixa no polígono do Sagrado Corazón para centro de servicios sociais; anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de: reforma da planta baixa no polígono do Sagrado Corazón para centro de servicios sociais.

b) Prazo de execución: catro meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 14.968.705 pesetas; non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 299.374 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo; Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo; oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 11 de decembro de 2000.

Eva Mª Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da Área