Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

En cumprimento co disposto no artigo 93 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Vías.

c) Número de expediente: ref. 1278.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: ruta de sendeirismo á beira do Miño en Ourense.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 164, do 24 de agosto de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Adxudicación:

a) Data: 2 de novembro de 2000.

b) Contratista: Convisa.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 13.555.744 pesetas (81.471,66 euros).

Ourense, 8 de xaneiro de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde