Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Karma Viajes, S.A.L., sita na rúa Montero Ríos, 48, de Santiago de Compostela.

Examinado o expediente instruído por instancia de Rosa López Pérez, na súa calidade de representante legal de Karma Viajes, S.A.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Santiago de Compostela, na rúa Montero Ríos,

48, da axencia de viaxes Karma Viajes, S.A.L., do grupo retallista, co código identificativo XG-159, que ten a súa casa central en Vigo, na avenida Camelias, 134-baixo.

Resultando que, o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistas a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Karma Viajes, S.A.L., sita en Vigo, na rúa avenida Camelias, 134-baixo, da que é titular Karma Viajes, S.A.L., a apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela, na rúa Montero Ríos, 48, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo