Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as axudas para situacións de emerxencia social relacionadas no anexo.

No uso da competencia que atribúe a esta Delegación Provincial de Pontevedra, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro de 1991 e DOG nº 36, do 22 de febreiro de 1999), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ó seren devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, requírense as persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Delegación Provincial de Pontevedra, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Área de Servicios Sociais,

Servicio de Prestacións (r/ Cánovas del Castillo, s/n, Vigo), para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndoos de que, de non facerse así, se terán por notificadas cos efectos que correspondan.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

InteresadoDNIResoluciónFundamento de dereito

María Fátima Dos SantosX06.117.72HDenegación dunha axuda para situacións de emerxencia socialArt. 41.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente á Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento.

Luis Carlos Da Silva CostaX26.979.62QDenegación dunha axuda para situacións de emerxencia socialArt. 43 c) e 45.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento.

Francisco Villegas Rodríguez36.014.573Denegación dunha axuda para situacións de emerxencia socialArt. 43 c)c e 45.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento.

Constantino Alonso Lemos36.003.697Concesión dunha axuda para situacións de emerxencia socialLei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, e Decreto 375/1991, do 24 de outubro.

Alejandro Ruetter Fridman33.232.657Concesión dunha axuda para situacións de emerxencia socialLei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente á Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, e Decreto 375/1991, do 24 de outubro.