Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/117-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Serra Atrabe, S.L.

Enderezo social: A Trabe, 32000 Vilardevós.

Denominación: L.M.T., C.T. para Serra-Atrabe, S.L.

Situación: Vilardevós.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 24 m derivada desde a L.M.T. a Vilardevós e remata no C.T. proxectado aéreo con 160 kVA. R/T 20.000/380 V para serradeiro de madeira na Trabe.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense