Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO da asunción pola Deputación Provincial de Lugo de funcións que delegan os concellos da provincia en materia de xestión tributaria.

Os concellos que figuran no anexo II deste anuncio adoptaron acordos de delegación en materia de xestión tributaria, adheríndose ás bases aprobadas pola Deputación Provincial de Lugo, en Pleno do 27 de marzo de 1995, e que rexen para a aceptación das delegacións que os concellos efectúan na dita materia e que figuran no anexo I. Todo iso de conformidade co marco xurídico establecido polos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e o artigo 7 da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

Lugo, 27 de decembro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

ANEXO I

Bases que rexerán para a aceptación das delegacións que os concellos efectúen en materia de xestión, liquidación e recadación dos seus tributos, taxas, prezos públicos e demais exaccións.

Base I

A Deputación Provincial de Lugo asume:

a) As facultades que os concellos teñen atribuídas en materia de xestión tributaria do imposto sobre bens inmobles e do imposto sobre actividades económicas reguladas nos artigos 78.2º e 92.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro.

b) As competencias que os concellos teñen atribuídas en período voluntario dos impostos anteriormente citados e calquera outro imposto, taxas e prezos públicos de cobramento periódico anual que se recadan mediante padrón.

c) Tódalas competencias en materia de xestión recadadora en período executivo, para facer efectivas as liquidacións periódicas e non periódicas, correspondentes a débedas liquidadas polos concellos, non ingresadas en período voluntario.

Base II

As facultades delegadas, tanto en relación coas actuacións materiais como xurídicas, serán exercidas pola Deputación Provincial de Lugo, a través de calquera das formas de xestión previstas pola lei que determine a expresada corporación.

Base III

Para o exercicio das facultades delegadas, o Servicio Provincial de Recadación aterase ó ordenamento local e demais lexislación aplicable, de acordo co establecido na Lei reguladora das facendas locais, así como coa normativa en materia de xestión e recadación tributarias que poida dicta-la Deputación Provincial de Lugo, en uso da potestade regulamen

taria prevista no artigo 106.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril.

Base IV

Os concellos prestaranlle á Deputación Provincial de Lugo a colaboración que resulte necesaria para a boa prestación do servicio.

Base V

Polo exercicio das funcións delegadas, a Deputación Provincial de Lugo percibirá unha compensación económica consistente en:

a) O 6% do principal recadado en período voluntario.

b) A recarga de constrinximento, máis as custas e os xuros do recadado en período executivo.

Estas compensacións económicas serán deducidas das liquidacións que se realicen.

Estas porcentaxes poderán ser revisadas, en función da evolución dos ingresos e custos do servicio, por acordo de ámbalas dúas partes.

Base VI

A Deputación Provincial de Lugo poderá negociar con entidades de crédito un sistema de anticipos periódicos, á conta dos recursos xestionados, os que quedarán afectados en garantía do reintegro dos anticipos entregados ós concellos. A cantidade de anticipo non superará o 75% da recadación obtida no exercicio inmediato anterior. O custo financeiro dos anticipos referidos será por conta dos concellos.

Base VII

No mes de decembro realizarase ó concello unha liquidación anual, sen prexuízo da realización de liquidacións parciais, que serán efectuadas segundo o calendario de recadación que se elabore, e sen custo financeiro.

Base VIII

A Deputación Provincial de Lugo e os concellos configurarán o seu compromiso mediante a formalización dun convenio, que subscribirán os respectivos presidentes e que terá unha vixencia de dez anos, renovada automaticamente por prazos iguais, se ningunha das partes manifesta expresamente a súa vontade en contra, mediante acordo plenario adoptado e comunicado no primeiro semestre do penúltimo ano de vixencia da delegación.

Base IX

As bases anteriores non serán de aplicación ós concellos que deleguen exclusivamente a recadación executiva sen incluí-la recadación voluntaria dalgúns dos seus impostos.

ANEXO II

Alcalce e contido dos acordos de delegación

Municipio

Data

acordo

Xestión

Recadación en

p. voluntario

Recadación

p. executivo

Cervo10-6-2000I.V.T.M.Tódalas débedas liquidadas non ingresadas en período voluntario.

Mondoñedo26-10-2000I.A.E.I.A.E.IDEM

Ribadeo17-10-2000I.B.I

I.A.E.

I.B.I.

I.A.E.

I.V.T.M.

IDEM