Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do estudio sobre a superación de indicadores relativo ó número de licencias en distintos núcleos rurais no termo municipal de Vigo.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, na súa sesión do día 15 de decembro de 2000, acordou declarar que no núcleo que se indica a continuación se superaron os indicadores que, para determina-la necesidade de formación de plans especiais, contén o punto 3.9.5 das normas urbanísticas. Daquela, cómpre declarar esgotadas as posibilidades edificatorias e parcelatorias do referido núcleo mentres non se aprobe o correspondente plan especial, e inicia-lo expediente de formulación do plan especial de mellora do núcleo, por redacción directa dos servicios técnicos municipais de planeamento, ou mediante contratación dunha asistencia técnica.

Os núcleos son os seguintes:

Expediente nº: 6306/411.

Núcleo: 02 13 Pena.

Tipo: C.

O que se publica para o xeral coñecemento.

Vigo, 15 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo