Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

En cumprimento co disposto nos artigos 42 de la Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 128 do Regulamento do planeamento, faise público que o Concello de Tui, en sesión do Pleno do pasado 28 de decembro de 2000, prestou aprobación inicial ó expediente de modificación puntual nº 4 do PXOM relativa a variación das aliñacións sinaladas na rúa Colón.

Durante o prazo dun mes desde a derradeira publicación deste anuncio no DOG, BOP e periódico de tirada provincial, o expediente queda sometido á información pública, podendo examinarse nas oficinas municipais e presentarse, se é o caso, as alegacións que se consideren oportunas.

Tui, 15 de xaneiro de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde