Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de pavimentación do núcleo de Lamascal (San Xoán de Fecha) de acordo co proxecto elaborado polo departamento de obras e proxectos do concello integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Tipo de licitación: 18.328.133 pesetas (110.154,29 euros).

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Telf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, r/ Nova, nº 12, local 4. Tlfno.: 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de condicións.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e con domicilio en..., número..., teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para estes efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de... (IVE incluído), que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

..., ... de... de 20...

O licitador

(Asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por...

..., ... de... de 20...

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábi

les, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado