Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (63/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 1 de febreiro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 2 do SU-48 de Ourense, por instancia de Manuel Seguín Vidal en representación de Leidove, S.L., coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de Enxeñería, con data do 20 de decembro de 2000 e do 16 de xaneiro de 2001, e do Servicio Eléctrico, con data do 15 de decembro de 1999 e de Medio Ambiente, do 11 de marzo de 2000, dos que se dará traslado ó interesado, e logo de constitución de garantía na cantidade de 61.521.221 pesetas, para responder da execución das obras e o seu mantemento ata a súa recepción por parte do concello.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 5 de febreiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde