Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.092

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ACORDO do 16 de xaneiro de 2001, da Dirección Xerencia da Fundación Pública Hospital da Barbanza, polo que se determina publica-lo pacto colectivo sobre selección temporal de diversas categorías de persoal e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Unha vez autorizada polo padroado da fundación e co obxecto de dar cumprimento ó establecido no artigo 7 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación en entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, a Xerencia da F.P. Hospital da Barbanza acorda a publicación do pacto colectivo sobre selección temporal de diversas categorías de persoal, e declarando, así mesmo, aberto o prazo de presentación de solicitudes desde o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 16 de xaneiro de 2001.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Hospital

da Barbanza

PACTO COLECTIVO SOBRE SELECCIÓN TEMPORAL

DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL

A xerencia e o comité de empresa da F.P. Hospital da Barbanza acordan a publicación do pacto colectivo sobre selección temporal de diversas categorías de persoal.

a) Normas xerais:

a.1. Vixencia do pacto colectivo.

Este pacto entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no DOG e terá vixencia dun ano a partir desta. As listas que se elaboren en virtude da pertinente convocatoria pública terán, así mesmo, unha vixencia dun ano a partir da súa publicación no DOG, sen prexuízo de que se por calquera circunstancia non estiveran publicadas as do ano seguinte se entenderán estas automaticamente prorrogadas ata a publicación das que as substitúan.

a.2. Ámbito de aplicación do pacto colectivo.

Será de aplicación na F.P. Hospital da Barbanza.

Afectará a tódalas vinculacións temporais, a través dos nomeamentos que se formalicen, das categorías de PSX, auxiliar de clínica, Tel/Ter, Ats/Due.

a.3. Sistema de contratacións.

As listas elaboraranse por categoría profesional.

a.4. Formalización de solicitudes.

Unha vez publicado este pacto colectivo no Diario Oficial de Galicia, convocaranse os aspirantes, mediante acordo da xerencia, que se publicará no DOG e na F.P.H.B., concedéndolles un prazo máximo de 15 días naturais a partir do seguinte ó da data de publicación no DOG, para que os aspirantes presenten a súa solicitude no modelo normalizado, xunto coa documentación que sexa pertinente. Igualmente, daráselle a publicidade adecuada á convocatoria, a través da inserción en alomenos un xornal de difusión xeral dun anuncio.

Para poderen formula-la solicitude, os aspirantes deben ter cumpridos os 18 anos de idade e non excede-la idade de xubilación forzosa, acredita-la nacionalidade española ou dun país da Unión Europea e posuí-la titulación que habilita para o exercicio da profesión correspondente.

A acreditación dos méritos alegados requirirá a incorporación de documentos auténticos, ou compulsa das súas fotocopias. Non será necesario achegar documentos acreditativos tanto de requisitos coma de méritos, que constan xa no expediente do aspirante.

a.5. Elaboración de listas.

As listas provisionais publicaranse nos taboleiros de anuncios da F.P.H.B., na delegación provincial de Sanidade e na Secretaría Xeral do Sergas, que incluirán relación dos aspirantes admitidos e dos excluídos, coas puntuacións obtidas, establecéndose unha orde de prelación e as causas de exclusión correspondentes.

Os interesados poderán formular, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación, reclamación en calquera dos organismos citados anteriormente.

Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos mesmos lugares que as anteriores.

a.6. Xestión das listas.

A xestión das listas cos chamamentos dos aspirantes levarase a cabo na dirección da F.P. Hospital da Barbanza. Para efectua-los chamamentos seguirase rigorosamente a orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada lista, e chamarase aquela persoa que estea dispoñible coa maior puntuación.

Para a formalización de contratación de duración igual ou superior ó ano, terase en conta sempre e por tanto chamarase o aspirante que acredite a maior puntuación na lista, sempre que non estea xa vinculado por un contrato desas características.

Cando as circunstancias requiran a incorporación inmediata dun aspirante ó posto de traballo ou ben no caso de chamamentos que se fagan fóra do horario administrativo, a xerencia efectuará directamente tal chamamento.

Para as vinculacións programadas, e sempre que exista prazo considerado suficiente, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos nos que exista premura na vinculación avisarase telefonicamente. En todo caso quedará constancia da data e hora na que cada aspirante sexa requirido.

De constatarse un erro material ou de feito no chamamento e posterior vinculación temporal executado a prol dun aspirante que pola súa orde de actuación non lle corresponda, a dirección do centro, no prazo dos 15 días seguintes ó seu chamamento, procederá á extinción do contrato expedido por tal circunstancia, de todo o cal se dará cumprida información á comisión paritaria de seguimento do pacto na súa seguinte reunión.

Cando un aspirante preste servicios na fundación, en virtude dun ou varios chamamentos, por un período superior a un ano, pasará a ocupa-lo derradeiro número de orde nas listas, co obxecto de favorece-la rotación dos aspirantes incluídos nelas.

a.7. Promoción profesional temporal.

Farase unha reserva do 50% das necesidades nos supostos de formalizacións de vínculos de interinidade en praza vacante e demais que se estimen, inicialmente, de duración igual ou superior a dous meses, para o persoal con praza en propiedade de igual ou inferior grupo ó da categoría obxecto de vinculación, que leve alomenos un ano en activo. Os aspirantes poderán solicita-la inclusión nas devanditas listas de promoción temporal nos prazos que se determinen en cada convocatoria.

a.8. Seguimento do pacto colectivo.

Para o seguimento do pacto colectivo constituirase unha comisión paritaria, integrada por 6 membros, 3 designados pola xerencia e 3 polo comité de empresa. En caso de empate decidirá o voto de calidade do director da fundación.

Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes.

a.9. Penalizacións.

De non existiren causas xustificadas de renuncia á oferta dun contrato, ou ben a un xa formalizado, será penalizado o aspirante pasando ó final da lista da súa categoría. A penalización acordada terá unha duración dun ano, ou ben ata o final da vixencia das listas, se este período fose inferior, desde que a medida se fai efectiva. A adopción da medida penalizadora seralle notificada ó aspirante afecto con carácter inmediato.

Os incumprimentos que determinan a imposición de penalización son todos aqueles que non se atopen incluídos dentro dos mencionados no parágrafo

seguinte como supostos admitidos como renuncia sen penalización.

Admitirase renuncia á oferta sen penalización ningunha, sempre que se xustifique de forma suficiente nos seguintes supostos:

-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

-Maternidade ou adopción legal.

-Exercicio de representación sindical.

-Matrimonio.

-Falecemento ou enfermidade grave de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

-Asistencia a exames oficiais.

-Atoparse traballando noutra institución.

-Enfermidade.

-Calquera outra de entidade suficiente que se considere oportuno ó criterio da comisión central de seguimento.

Serán excluídos definitivamente da lista os aspirantes que incorresen en incumprimentos graves, tanto derivados da súa calidade de aspirante inscrito na lista, coma do concreto desempeño do posto de traballo.

Para facer efectivas as exclusións derivadas dos citados incumprimentos seguirase un procedemento perante a comisión paritaria, no que se garanta, en todo caso, a audiencia do interesado.

a.10. Disposicións especiais.

Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación temporal non superior a catro meses de ATS/DUE e auxiliar de clínica que se produzan nas áreas de reanimación, quirófanos e hemodiálise, os aspirantes que acrediten experiencia profesional nas citadas áreas farano constar no espacio reservado para o efecto nas solicitudes que formulen, achegando, en todo caso, certificación acreditativa da experiencia expedida polo centro sanitario correspondente.

O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación da lista e a prol das persoas que acrediten a experiencia aludida.

Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación temporal non superior a catro meses de PSX que se produzan na área de admisión, os aspirantes que acrediten experiencia profesional en servicios de admisión e atención ó usuario, farano constar no espacio reservado para o efecto nas solicitudes que formulen, achegando, en todo caso, certificación acreditativa da experiencia expedida polo centro correspondente.

O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación da lista e a prol das persoas que acrediten a experiencia aludida.

b) Criterios de selección.

A puntuación por méritos que acaden os aspirantes determinará a súa orde na lista.

Os empates dirimiranse a prol do aspirante que acredite maior tempo como desempregado total e non subsidiado. De persisti-lo empate ou ben de tratarse de persoal de promoción profesional, resolverase a favor do aspirante de maior idade.

Os aspirantes á categoría de persoal de servicios xerais (PSX), poderán ser obxecto dunha proba de aptitude de carácter informático, agás aqueles que acreditasen o coñecemento suficiente na área informática.

Blanca García VarelaMª Áurea Rodríguez Blanco

Directora da FundaciónPresidenta do Comité de Empresa

ANEXO I

BAREMOS

Baremo de ATS/DUE

1. Formación académica.

Será esixible o título de DUE/ATS.

2. Formación continuada.

Cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta: por cada 10 horas: 0,01 puntos (a puntuación máxima será de 4 puntos).

Para postos de ATS/DUE en servicios especiais como: hemodiálise, reanimación e quirófano:

-Por cada mes completo de prácticas nestes servicios: 0,1 punto (máximo 0,3 puntos).

3. Experiencia profesional.

-Por cada mes completo de servicios prestados como ATS/DUE en fundación pública sanitaria: 0,08 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como ATS/DUE noutras institución sanitarias públicas: 0,05 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como ATS/DUE en institucións sanitarias privadas: 0,04 puntos.

Para postos de ATS/DUE en servicios especiais como: hemodiálise, reanimación e quirófano:

-Por cada mes completo nestes servicios especiais: 0,2 puntos, (máximo 3 puntos).

Cun mínimo dun mes traballado ou en prácticas nestes servicios para poder acceder ó posto.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

4. Desemprego.

Por cada mes en situación de desemprego: 0,005 puntos nos últimos dous anos, que será acreditado coa vida laboral mediante certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social, válida desde o momento en que se teña a titulación esixida.

5. Lingua galega.

-Pola realización do curso de iniciación de lingua galega ou validación: 0,2 puntos.

-Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega ou validación: 0,5 puntos.

A puntuación máxima será de 0,5 puntos.

Baremo de fisioterapeutas

1. Formación académica.

Será esixido o título de diplomado en fisioterapia.

2. Formación continuada.

Cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: por cada 10 horas: 0,01 puntos ( a puntuación máxima será de 4 puntos).

3. Experiencia profesional.

-Por cada mes completo de servicios prestados como fisioterapeuta en fundación pública sanitaria: 0,08 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como fisioterapeuta noutras institucións sanitarias públicas: 0,05 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como fisioterapeuta en institucións sanitarias privadas: 0,04 puntos.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

4. Desemprego.

Por cada mes en situación de desemprego: 0,005 puntos nos últimos dous anos, que será acreditado coa vida laboral mediante certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social, válida desde o momento en que se teña a titulación esixida.

5. Lingua galega.

-Pola realización do curso de iniciación de lingua galega ou validación: 0,2 puntos.

-Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega ou validación: 0,5 puntos.

A puntuación máxima será de 0,5 puntos.

Baremo de técnicos especialistas (TER, TEL)

1. Formación académica.

Será esixida a titulación de TEL/TER.

2. Formación continuada.

Cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: por cada 10 horas: 0,01 puntos (a puntuación máxima será de 4 puntos).

3. Experiencia profesional.

-Por cada mes completo de servicios prestados como TER/TEL en fundación pública sanitaria: 0,08 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como TER/TEL noutras institucións sanitarias públicas: 0,05 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como TER/TEL en institucións sanitarias privadas: 0,04 puntos.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

4. Desemprego.

Por cada mes en situación de desemprego: 0,005 puntos nos últimos dous anos, que será acreditado coa vida laboral mediante certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social, válida desde o momento en que se teña a titulación esixida.

5. Lingua galega.

-Pola realización do curso de iniciación de lingua galega ou validación: 0,2 puntos.

-Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega ou validación: 0,5 puntos.

A puntuación máxima será de 0,5 puntos.

Baremo de auxiliares de enfermería

1. Formación academica.

Será esixida a titulación de auxiliar de enfermería.

2. Formación continuada.

Cursos acreditados, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: por cada 10 horas: 0,01 puntos (a puntuación máxima será de 4 puntos).

Para postos de auxiliar de enfermería en servicios especiais como: hemodiálise, reanimación e quirófano:

-Por cada mes completo de prácticas nestes servicios: 0,1 punto (máximo 0,3 puntos).

3. Experiencia profesional.

-Por cada mes completo de servicios prestados como auxiliar de enfermería en fundación pública sanitaria: 0,08 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como auxiliar de enfermería noutras institucións sanitarias públicas: 0,05 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como auxiliar de enfermería en institucións sanitarias privadas : 0,04 puntos.

Para postos de auxiliar de enfermería en servicios especiais como: hemodiálise, reanimación e quirófano:

-Por cada mes completo nestes servicios especiais: 0,2 puntos, (máximo 3 puntos).

Cun mínimo de 1 mes traballado ou en prácticas nestes servicios para poder acceder ó posto.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

4. Desemprego.

Por cada mes en situación de desemprego: 0,005 puntos nos últimos dous anos, que será acreditado coa vida laboral mediante certificado expedido polo

Instituto Nacional da Seguridade Social, válida desde o momento en que se teña a titulación esixida.

5. Lingua galega.

-Pola realización do curso de iniciación de lingua galega ou validación: 0,2 puntos.

-Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega ou validación: 0,5 puntos.

A puntuación máxima será de 0,5 puntos.

Baremo persoal servicios xerais (PSX)

1. Formación académica.

Será esixida a titulación de graduado escolar.

2. Formación continuada.

Cursos acreditados de informática: por cada 10 horas: 0,02 puntos (a puntuación máxima será de 3 puntos).

Cursos acreditados (que non sexan de informática), sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: por cada 10 horas: 0,01 puntos (a puntuación máxima será de 3 puntos).

Para postos de PSX en servicios de admisión:

-Por cada mes completo de prácticas nestes servicios: 0,1 punto (máximo 0,3 puntos).

3. Experiencia profesional.

-Por cada mes completo de servicios prestados como PSX ou auxiliar administrativo en fundación pública sanitaria: 0,08 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados como PSX, auxiliar administrativo, en admisión ou servicios de atención ó usuario noutras institucións públicas ou privadas: 0,05 puntos.

Para postos de PSX en servicios de admisión:

-Por cada mes completo nestes servicios de admisión ou atención ó usuario: 0,2 puntos, (máximo 3 puntos).

Cun mínimo de 1 mes traballado ou en prácticas nestes servicios para poder acceder ó posto.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

4. Desemprego.

Por cada mes en situación de desemprego: 0,005 puntos nos últimos dous anos, que será acreditado coa vida laboral mediante certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social, válida desde o momento en que se teña a titulación esixida.

5. Lingua galega.

-Pola realización do curso de iniciación de lingua galega ou validación: 0,2 puntos.

-Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega ou validación: 0,5 puntos.

A puntuación máxima será de 0,5 puntos.