A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio de ambulancia de soporte vital avanzado, que se situará nos seguintes lugares:
A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo e Sanxenxo.
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo; praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 12 de marzo de 2001 (incluído).
Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás
14 horas, desde o 19 de febreiro ata o 12 de marzo de 2001 (incluídos) ou no teléfono 981 54 67 64.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.
Rosa Álvarez de Blas
Directora de Xestión e Servicios Xerais
da Fundación Pública Urxencias Sanitarias
de Galicia-061