Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 26 de decembro de 2000, acordou prestar aprobación inicial ó proxecto de urbanización da vía de enlace entre o Camiño do Catadoiro e a estrada da Lanzada-Adina, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas José Manuel Gómez López.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante

o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado por quen lle interese e, de se-lo caso, presenta-las alegacións procedentes.

Sanxenxo, 31 de xaneiro de 2001.

Fernando Villaverde González

Alcalde en funcións