Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle das parcelas C, D, F, G e Q do polígono número 42 do PERI do Calvario.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de novembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o modificado do estudio de detalle do polígono nº 42 do PERI do Calvario en relación coas parcelas C, D, F, G e Q do citado polígono (expediente 6090/411), aprobado definitivamente con data do 20 de decembro de 1999, presentado pola xunta de compensación do polígono, redactado polo arquitecto José A. Martín Curty, e visado polo COAG con data do 31 de maio de 2000.

Segundo.-Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e no BOP, segundo o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados, comprendidos no ámbito territorial do estudio de detalle.

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 10 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo