Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2001 pola que se publica a contratación da subministración de material con destino ó corpo municipal de bombeiros.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato: a) Subministración de material con destino ó corpo municipal de bombeiros b) Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria. Aberto. Concurso.

4. Orzamento de licitación: 4.730.469 pesetas, incluídos tódolos gastos e IVE.

5. Garantías: a) Provisional: 94.609 pesetas. b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Tlf./fax: 986 80 43 00/986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para presentación das ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os de transporte e entrega de subminsitración.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde delegado de Área