Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnóloxicas, pola que se convoca as asociacións artesanais para a designación de vocais na Comisión Galega de Artesanía.

O Decreto 94/1992, do 11 de abril, polo que se regula a composición da Comisión Galega de Artesanía, entre outras cuestións establece que forman parte da Comisión Galega de Artesanía 4 representantes designados polas asociacións artesanais legalmente constituídas con asignación de 2 vocais para as de 200 membros ou máis e 2 vocais entre as de menos de 200 membros.

Transcorrido o período de participación na Comisión Galega de Artesanía procede a renovación dos vocais en representación das asociacións artesanais.

Para os ditos efectos, emprázasen as asociacións artesanais interesadas en formar parte da Comisión Galega de Artesanía para que no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución remitan á Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, copia dos estatutos da asociación, certificación do secretario da asociación coa listaxe de asociados e número da carta de artesán de cada asociado.

Con posterioridade notificarase a data e hora da reunión na que se designarán por elección os vocais en representación das asociacións artesanais na Comisión Galega de Artesanía.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

José Manuel González González

Director xeral de Programas Industriais e

Infraestructuras Tecnolóxicas