Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Álabe-Montemaior-Norte. (Expediente 062-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avalización de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, art. 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, o art. 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Álabe-Montemaior Norte.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A. Praza de Ferrol, nº 6. 27001-Lugo.

Situación: concellos de Abadín (Lugo) e Alfoz (Lugo).

Emprazamento (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.623.365,00; 4.813.680,00), V(0.623.704,00; 4.813.307,00).

V(0.622.960,00; 4.812.925,00), V(0.624.036,00; 4.812.940,00).

V(0.624.025,00; 4.812.540,00), V(0.623.349,00; 4.812.532,00).

V(0.621.950,00; 4.812.000,00), V(0.619.715,00; 4.812.000,00).

V(0.619.717,00; 4.812.331,00), V(0.619.327,00; 4.812.646,00).

V(0.619.327,00; 4.812.898,00); V(0.619.718,00; 4.812.580,00).

V(0.619.719,00; 4.812.665,00), V(0.621.355,00; 4.812.645,00).

V(0.620.910,00; 4.813.240,00); V(0.621.415,00; 4.813.775,00).

V(0.621.965,00; 4.812.650,00).

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 30.

-Potencia nominal unitaria: 750 kW.

-Potencia total instalada: 22,5 MW.

-Tipo de aeroxerador: NEG-MICON NM750/44 e NM750/48.

-Producción neta anual estimada: 60.676 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.083.989.134 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-30 aeroxeradores tipo NEG-MICON NM750/44 e NM750/48 de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-30 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recolla de media tensión.

-4 centros de recolla de media tensión para optimización do transporte de enerxía dotados cada un dun transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recolla de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Montemaior Norte, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupacion do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.) Superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio.

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas contra el, nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071-Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Álabe-Montemaior Norte poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de

Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medioambiente en Lugo e concellos de Abadín e Alfoz, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 29 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico Álabe-Montemaior Norte

Concello de Abadín

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN (m)

UsoLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

3CamiñoLabradaDescoñecido10.328

Concello de Alfoz

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN (m)

UsoLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

1Monte baixoPereiroDescoñecido18.889126.68324.355154.01074.195

3CamiñoPereiroDescoñecido2.715

S.E.: superficie expropiación. S.P.: servidume paso. S.V.: servidume voo. P.E.: superficie protección eólica. O.T.: ocupación temporal.