Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/347-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Boiro-Palmeira, tramo sub. apoios 222-225.

Situación: Boiro.

Características técnicas: modificación da liña eléctrica de alta tensión, a 66 kV Padrón-Ribeira, ó seu paso por Boiro, consistente en substitución

de tres vaos, entre os apoios nº 222 e 225 por tramo subterráneo, baixo tubo de formigonado, discorrendo por vías do polígono industrial de Boiro, con conductores unipolares R.H.Z.1 de 3(1x630) mm Al, de 427 m de lonxitude e cable de fibra óptica Pirelli-Opsicán ASDL de 16 fibras para comunicacións e apoios metálicos en celosía nº 222 bis e 225 bis para paso aerosubterráneo xunto con aparellos de protección en ámbolos apoios. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña