Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.062

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 7 de febreiro de 2001, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora da realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base IV.8 da Orde do 17 de xullo de 2000 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas (DOG nº 147, do 31 de xullo de 2000), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso no dito corpo, adoptado na sesión celebrada na data mencionada, faise público o lugar, a data e a hora no que terá lugar o primeiro exercicio da fase de oposición e se convocan os aspirantes para o próximo día 3 de marzo, sábado, ás 17 horas na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo

do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.

José Luis Veiga Castiblánquez

Presidente do tribunal