Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.062

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, de conformidade co establecido na Resolución do 23 de outubro de 2000.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 23 de outubro de 2000 (DOG nº 213, do 3 de novembro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para o corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais (lista B), e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección as listas na súa sesión do día 6 de febreiro de 2001, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais (lista B). As distas listas están expostas na forma que seguidamente se indica.

Anexo I: figuran os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, para formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes; disto darase a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación das listas no Diario Oficial de Galicia, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo B: 6.780 pesetas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental, de acordo coa base 3.3 da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 23 de outubro de 2000.

Os que non fixeran o aboamento no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública