Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono número 1 da unidade de actuación número 2 do PXOU-rúa Luis Otero e avenida de Compostela.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xaneiro de 2001 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización formulado por Prycoga, Sociedad Cooperativa Limitada, coa finalidade de levar á práctica o Plan Especial da Unidade de Actuación nº 2

do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dentro do seu concreto polígono nº 1, situado entre a rúa Luis Otero e a avenida de Compostela e sendo redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, con vixado da Delegación en Pontevedra do COAG do 13-9-2000, facéndose constar no devandito acordo que aínda que o presente proxecto de urbanización comprende os polígonos 1 e 2 da antiga unidade de actuación 2 do PXOU, nos seus documentos de resolución gráfica como na súa descrición escrita, memoria e prego de condicións se diferencia, segundo o informe técnico municipal, a execución independente dos polígonos en etapas diferentes. Nese sentido, declárase que a documentación do polígono 2 enténdese como proposta de solución factible e para a constatación da súa posible urbanización partindo do polígono 1. Deste modo, a futura xunta de compensación do polígono 2 poderá, no seu día, asumir este proxecto ou ben presentar un documento distinto, sempre que se adapte á normativa urbanística vixente,

dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2 desta cidade), e formula-las alegacións e xustificacións que estime procedentes.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2001.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tte. alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral