Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (2006/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada o día 25 de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o estudio de detalle do polígono 3 do sector urbano SU-48, promovido por Amador Carnero Carnero, en representación de Carnero y López, S.L. condicionado á previa sinatura e visado da memoria do proxecto e manifestándolle ó interesado que se dá por válido o plano número 4 do estudio de detalle e non as seccións D-D e F-F do plano número 5 e que a aprobación do estudio de detalle requirirá a modificación puntual do proxecto de urbanización presentado.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, unha vez aprobado inicialmente, someterase a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Á vista do resultado da información pública, o Concello aprobarao definitivamente coas modificacións que resulten pertinentes.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 1 de febreiro de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente