Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (69/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 13 de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Cartelle na zona 6 do SU-23, do PXOU de Ourense, por instancia de Mónica Isabel Vázquez Paradelo logo de constitución de garantía polo importe de 3.494.938 ptas. (tres millóns catrocentas noventa e catro mil novecentas trinta e oito pesetas), para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 21 de xaneiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente