Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

EDICTO.

Aprobado na sesión plenaria do día 11 de xaneiro de 2001, con carácter inicial, o proxecto do Plan parcial promovido por Xestur, S.A. para a ordenación do solo industrial no lugar da Rega, parroquia de Cuíña, neste concello de Ortigueira, ó abeiro do artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, faise público que ó abeiro do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, tódalas áreas do territorio da citada modificación puntual, ó modificarse as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectadas pola suspensión de licencias á que se refire o artigo 34 da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ortigueira, 12 de xaneiro de 2001.

Antonio Campo Fernández

Alcalde