Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 296, do 28 de decembro de 2000, publicáronse integramente as bases da convocatoria do concurso-oposición para a provisión

dunha praza de asesor técnico-xurídico de orde pública, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros, de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 10 de xaneiro de 2001.

María José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal, Gobernación,

Consumo e Sanidade