Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 34/2000, a María José Díaz Pérez.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 34/2000, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra María José Díaz Pérez, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

«Resolución do expediente sancionador 34/2000.

Vistas as actuacións practicadas no expediente sancionador número 34/2000, tramitado contra María José Díaz Pérez, por infracción ó réxime legal de vivendas de protección oficial de promoción pública, tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

1. Con data 26 de maio de 2000, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 34/2000, polo que se lle imputaba a María José Díaz Pérez a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, en base ós seguintes feitos:

a) Con data 3 de novembro de 1999 envíase invitación ó pagamento dos recibos pendentes para amortiza-lo préstamo para adquisición de vivenda e tras varios intentos de notificación non foi posible encontrar a ninguén na vivenda.

b) Con data 9 de febreiro de 2000 realizouse visita de inspección á vivenda adxudicada, acta nº 101/2000, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente.

c) Solicitada información ó Concello de Lugo, referente ó empadroamento da adxudicataria e informe sobre consumo de auga, resulta que:

-A adxudicataria non figura empadroada na vivenda de referencia.

-A vivenda non figura de alta no abastecemento de auga.

2. Que con data 14 de setembro de 2000, o órgano instructor dictou proposta de resolución, na que se propoñía a imposición a María José Díaz Pérez dunha

sanción de 250.000 pesetas de multa. O referido acordo foi notificado á denunciada mediante publicación no Diario Oficial de Galicia de data 17 de novembro de 2000.

Que concedido prazo de 15 días para presentar alegacións, a denunciada non fixo uso dese dereito.

Feitos probados.

Da práctica dos medios probatorios derivan os seguintes feitos probados:

Único.-Que María José Díaz Pérez incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente, segundo se acredita na tramitación do presente expediente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 qué se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria

doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que as manifestacións realizadas polo inculpado non desvirtúan a acusación realizada e o fundamento da imputación, por canto que loxicamente a obriga de ocupa-las vivendas de modo permanente e habitual se acentúa nas vivendas de promoción pública, xa que se constrúen integramente con diñeiro público.

As circunstancias acreditadas a través do labor inspector e polo informe do Concello de Lugo son máis que suficientes para constatar que a vivenda non foi destinada a domicilio habitual e permanente.

4. Que o artigo 7.1º b) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda sanciona con multa de 100.001 ptas. ata 500.000 ptas. as infraccións cualificadas como graves sen prexuízo da adopción de medidas de execución forzosa recollidas no artigo 96 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e capítulo III da Lei 13/1996, do 30 de decembro, autorizándose en calquera caso á Administración a impoñer multas coercitivas encamiñadas a consegui-lo cumprimento das resolucións recaídas en expediente sancionador.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Sancionar a María José Díaz Pérez como autora dunha infracción cualificada como grave no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, cunha multa de 100.001 ptas. polo incumprimento da obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes».

Lugo, 18 de decembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo