Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Cooperativa Férrea Sarriana (expediente DP-19/1998).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 19/1998, seguidas en virtude de denuncia formulada por Diego Rodríguez López e Beatriz Iglesias Real, contra a promotora inmobiliaria Cooperativa Férrea Sarriana, finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na vivenda 2º A da rúa Porvenir, 15-17 de Sarria (Lugo).

As obras de reparación que hai que realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas, consistentes en:

-A saída de fumes da caldeira de calefacción está conectada a un shum na cociña, o que ocasiona un tiro defectuoso e retornos pola campá extractora.

-Condensación nun dormitorio, na fachada e medianeira.

-A persiana do salón sáese das guías porque está máis estreita có oco.

-Pezas do aseo sen selar e desprende olores.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión do proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 20 de novembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo