Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire

a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Colectores xerais e EDAR na Rúa. (A Rúa de Valdeorras-Ourense).

Adxudicatario: Fergo Galicia, S.A.

Orzamento: 349.789.632 pesetas.

-Asistencia técnica para a realización dos traballos de estudios de leitos, determinación da súa perigosidade fronte á posta en marcha de turbinas.

Adxudicatario: LKSCINYMA, S.L.

Orzamento: 19.000.000 de pesetas.

-Asistencia técnica para a explotación e o mantemento da rede foronómica existente nas cuncas de Galicia-costa. (A Coruña, Lugo e Pontevedra).

Adxudicatario: Tranor Tratamientos del Norte, S.L.

Orzamento: 75.817.090 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia