Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 15 de xaneiro de 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre prestacións de LISMI, Real decreto 383/1984, que se relacionan no anexo.

En uso das competencias sobre as prestacións da LISMI atribuídas no artigo 43 do R.D. 383/1984, do 1 de febreiro, e polo R.D. 258/1985, do 23 de xaneiro, ó resultaren falidas as anteriores notificacións por correo e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícase a cada un dos abaixo citados a resolución dictada trala revisión dos seus expedientes pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación por escrito perante esta delegación provincial formulando as alegacións e achegando as probas que estime convenientes no prazo de 15 días a partir do seguinte a esta publicación. Se no prazo indicado non presentou reclamación poderá interpoñer, dentro do mes seguinte, recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, directamente ou a través desta delegación provincial, conforme o art. 114 da Lei 4/1999 antes mentada.

Solicitante: Leis Olveira, Manuela.

DNI: 76.316.663.

Resolución: extinción subsidio gastos transporte.

Causa: supera-los recursos da UEF o 70% do SMI.

Fundamentos: art. 2.1º d) e 29.1º a) do R.D. 383/1984.

Solicitante: Sánchez Sánchez, Dolores.

DNI: 33.109.336.

Resolución: extinción por suspensión definitiva.

Causa: non achega-la declaración anual.

Fundamentos: art. 29, 30.6º e 31.6º R.D. 383/1984.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial de A Coruña