Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de setembro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio mortis causa da batea Fontoira.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Fontoira, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 14-6-2000, Antonio Campo Iglesias solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Fontoira.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Dolores Iglesias Franco (35.370.495) e Antonio Campos Iglesias (76.851.507-C), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Fontoira.

Localización: 134 O Grove E.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 10-10-1964.

Remate da vixencia: 30-10-2004.

Antigos titulares: Antonio Campos Rey (35.370.607-B) e Dolores Iglesias Franco (35.370.495).

Novos titulares: Dolores Iglesias Franco (35.370.495) e Antonio Campos Iglesias (76.851.507-C).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra