Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2604; XG-267, Betanzos-Casal de Arriba, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante a incorporación do anexo encrucillada de San Mamede-Porto Novello (Marco do Río), ó servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2604; XG-267, Betanzos-Casal de Arriba, con anexos, da titularidade da empresa Autos Rivas, S.L.

Na tramitación do expediente terase en conta este proxecto e non o sometido a información pública no Diario Oficial de Galicia nº 172, do 5 de setembro de 2000.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes