Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada OU-310, de Verín a Vilardevós, treito: Verín-enlace da autovía das Rías Baixas, clave: OU/98/145.1, termo municipal de Verín.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, Construcción, Conservación e Explotacións de Estradas.

Con data 16 de decembro de 1999, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras: acondicionamento da estrada OU-310, de Verín a Vilardevós. Treito: Verín-enlace autovía das Rías Baixas, clave: OU/98/145.1, termo municipal de Verín, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 25 de febreiro de 2000, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 46/2000, publicado no DOG nº 46, de data 7 de marzo de 2000.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran nas relacións expostas no Concello de Verín, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Verín.

Horario: 10.30 h a 13.30 h.

Día 12 de marzo de 2001.

De: Alfonso Castaño, Tomás

A: Delgado Puente,Celso.

Horario: 10 h a 13.30 h.

Día 13 de marzo de 2001.

De: Delvalle Soria, Benito e outro

A: García Salgado, Elisa.

Día 14 de marzo de 2001.

De: García Santamarina, Emilio

A: Pérez Daniz, Estrella.

Día 15 de marzo de 2001.

De: Pérez Daniz, José

A: Vilela Vaamonde, Cándido.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Verín e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, r/ Sainz Díez,1 (32071 Ourense).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, as alegacións que estimen pertinentes ó obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 5 de febreiro de 2001.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe