Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.990

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000 pola que se nomea profesor emérito a Manuel Fernández Areal.

Consonte co disposto no artigo 22 do Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario, modificado polo Real decreto 1200/1986, do 13 de xuño, e no artigo 142 dos Estatutos da Universidade de Vigo (DOG do 22 de outubro de 1993); por proposta do departamento de Psicoloxía Evolutiva e de Comunicación, logo da aprobación da Xunta de Goberno, na súa sesión do

día 11 de decembro de 2000, en uso das atribucións conferidas pola lexislación vixente,

Este rectorado resolveu nomear profesor emérito a Manuel Fernández Areal, cos dereitos e obrigas que establece a normativa vixente e con efectos do 1 de outubro de 2000.

Vigo, 19 de decembro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo