Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.990

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Comunícase que está aberto o prazo ata o día 28 de febreiro de 2001, para presenta-la instancia solicitude na consellería ou nas delegacións provinciais para as seguintes disciplinas: procesos e productos de téxtil, confección e pel e patronaxe e confección.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes faraa unha comisión constituida por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará

cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal