Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001 pola que se convoca un curso sobre medición de ruídos.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre medición de ruídos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo dota-los policías dunha formación teórico-práctica que lles permita realiza-las súas funcións nos temas de control e medición de ruído en zonas e/ou locais públicos, así como o coñecemento e manexo dos aparellos utilizados nestas funcións.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ó persoal de inspección da Consellería de Medio Ambiente, coa que se asinará o oportuno convenio; ós membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (ámbolos dous colectivos xa teñen fixado o número de participantes), e ós membros dos corpos das policías locais de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán para a policía local neste curso será de 29, repartidas do seguinte xeito:

-Concellos da provincia da Coruña: 9.

-Concellos da provincia de Lugo: 4.

-Concellos da provincia de Ourense: 5.

-Concellos da provincia de Pontevedra: 11.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 8 de marzo, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal ou polo concelleiro de tráfico, e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito significará á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade sita na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Conceptos básicos aplicados á Lei e regulamento de Galicia.

b) Orde ministerial 29929 de decembro de 1998 sobre verificación e aprobación de modelo de sonómetros e calibradores acústicos.

c) Manexo do sonómetro 2236.

d) Prácticas de medida.

e) Casos prácticos.

Datas.

O curso celebrarase do 19 ó 23 de marzo, coa seguinte distribución horaria:

Horario: mañás de 9.30 a 13.30 horas, e tardes de 16 a 19 horas.

Día 19: tódalas provincias pola mañá, e pola tarde só os pertencentes á provincia da Coruña.

Día 20: toda a xornada só os pertencentes á provincia da Coruña.

Día 21: toda a xornada só os pertencentes ás provincias de Lugo e Ourense.

Día 22: pola mañá os pertencentes ás provincias de Lugo e Ourense e pola tarde os pertencentes á provincia de Pontevedra.

Día 23: toda a xornada só os pertencentes á provincia de Pontevedra.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 9 de marzo, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade, sita no concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel e superen as correspondentes probas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 24 de xaneiro de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade