Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Resolución da alcaldía sobre consideración como solo non urbanizable común dos predios que, cunha superficie superior á unidade mínima de cultivo, posúen a súa maior parte nese solo e a restante no de núcleo rural, e outorgamento de licencias de construcción de vivendas unifamiliares neses predios.

O alcalde, o 14 de novembro de 2000, de conformidade coas atribucións conferidas pola lexislación de réxime local e artigo 21 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolveu:

Primeiro.-Declarar que -sendo esixencia da normativa urbanística no eido do planeamento, que as delimitacións das clasificacións do solo coincidan, entre outras determinacións, cos seus límites par

celarios- aquelas parcelas que, cunha superficie superior ós 2.000 m, posúan a maior parte da súa extensión dentro do solo grafado polo Plan xeral de ordenación como non urbanizable común, e non a súa totalidade por conterse a restante na delimitación dun solo de núcleo rural sen acada-la superficie mínima edificable de 500 m, considéranse por esta Administración municipal como solo non urbanizable de tipo común para a concesión de licencias de edificación de vivendas unifamiliares. Ó respecto, computará exclusivamente a superficie de solo de núcleo, para os efectos de acada-la parcela mínima edificable naquel solo non urbanizable, asimilable pola Lei 1/1997 ó rústico.

Segundo.-Dispoñer, por conseguinte, o outorgamento das licencias de edificación de vivendas unifamiliares que se soliciten naquelas parcelas incluídas no suposto comprendido no epígrafe anterior, aplicándose o réxime do solo rústico establecido no artigo 77 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, tendo que cumprirse, nembargantes, as seguintes condicións para a concesión das licencias:

a) A parcela limitarase á realidade parcelaria existente previa á aprobación do PXOU (18-12-1989) excluíndo modificacións posteriores.

b) Os parámetros urbanísticos de aplicación serán os do artigo 142 do PXOU, reguladores do solo non urbanizable común.

c) A edificación construirase na parte grafada no solo non urbanizable común.

d) O promotor aceptará a obriga de inscribi-la indivisibilidade da parcela, consonte o establecido no artigo 173 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

e) O promotor procederá á cesión gratuíta dos terreos afectados pola regularización do viario, conforme o establecido no artigo 76.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia e tamén a obriga de conexión, de se-lo caso, ós servicios urbanísticos que existisen no núcleo.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente