Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1920/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 25 de xaneiro do ano 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 3 do SU-17 do PXOU de Ourense, por instancia de Manuel Cruz Rodríguez, en representación da Promotora CMT, S.L. rectificaranse a descrición e os planos da parcela resultante 3 na forma indicada no informe da Oficina Técnica do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística, do 10 de xaneiro de 2001. Signifícaselle á promotora que a ocupación e materialización do aproveitamento urbanísitico da parcela resultante 1 se fará con estricta suxeición ós condicionantes establecidos no dito informe.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 31 de xaneiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde