Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 313/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 679 m de lonxitude, coa orixe na liña existente entre C.T. Buíña e C.T. Campolongo e final no C.T. Torre-Pedridas, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 100 kVA, e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Torre-Pedridas do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.020 m de lonxitude, que se conectará á rede existente. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Cermudo e Torre. Termo municipal de Pontedeume. (Expediente 313/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados, dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación;

e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 27 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 313/2000Provincia: A Coruña

L.M.T. C.T. R.B.T. Torre-PedridasConcello: Pontedeume

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3O PradoPradoDolores Miño LouridoCamiño Vello, 141 A-1º der.

Campolongo

15614 Pontedeume

13130

7As CovasLaborJosé Bujía CastroAs Covas, 122

Campolongo

15614 Pontedeume

œ 2132512

8As CovasLaborTte. Coronel José

Juan Rico Parga

Ignoradoœ 2154864

9As CovasLaborWaldo Rico CadavidAvda. de Ferrol, 75

(Estación de Tren)

15600 Pontedeume

32841.232

10CostaPradoHdos. Bernardo Tenreiro

Tenreiro

Avda. da Coruña, 22

P-1, 1º B

15600 Pontedeume

L.A.T.112

11CermuzoPradoMiguel Amador Fernández VilelaO Revolto-Buíña

Campolongo

15614 Pontedeume

12120

12CermuzoPradoManuel de Bernardo Guzmán y Silverio de Bernardo Ares (fillo)A Torre

Campolongo, 98

15614 Pontedeume

59944

13CermuzoPradoHdos. De Gonzalo Martínez DeibePaseo de Castelao, 51

15600 Pontedeume

œ 4159853

14CermuzoPradoEngracia Tenreiro FernándezPraza de España,

Edif. BBV, 2º Der

15600 Pontedeume

œ 41633

15LameiroPradoHdos. Josefa Prado Ribasr/ Real, 11

15600 Pontedeume

1261.759

18CermuzoPradoFundación Hermanos TenreiroEirís de Arriba, 41

15009 A Coruña

5233288

20As PedridasMonte altoPaz Gloria Leira VarelaRúa dos Ferreiros,

1, 2º Der.

15600 Pontedeume

42630

21As PedridasMonte altoHdos. Juan Regueiro CernadasCampoñongo, s/n

Campolongo

15614 Pontedeume

9260

22As PedridasMonte altoJuan Regueiro GarcíaAs Pedridas, 15

15614 Pontedeume

œ 6 C.T.3416

23As PedridasMonte altoAlfonso de Frutos LozanoPraza De Nuestra Señora

del Buen Camino, 10 baixo D

Aravaca

28023 Madrid

œ 6 C.T.3L.A.T.28