Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/296-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.S., C.T.C. vivendas sociais.

Situación: As Somozas.

Descricións técnicas: recuamento de L.M.T.A. a L.M.T.S., a 20 kV, que parte do C.T. As Somozas, de 730 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm AL, que se describen da seguinte forma, L-4 que parte de C.T. As Somozas e pasa a aérea xunto cuartel garda civil. L-14 que pasa a subterránea para salva-la urbanización pasando por C.T. pre

fabricado de 250 kVA de vivendas sociais a final no C.T. As Somozas. Concello das Somozas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña