Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución de ampliación do módulo de liña a 132 kV das Somozas, na subestación de Mourela, provincia da Coruña. (Expediente 30247).

Examinado o expediente instruído por instancia de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para efectos de notificación en avda. de Arteixo 171, A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 5 de novembro de 1999, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicita a autori

zación administrativa da ampliación do módulo de liña 132 kV As Somozas na subestación de Mourela e a aprobación do seu proxecto de execución.

Xúntanse á dita solicitude o preceptivo proxecto a que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da ampliación da instalación son as seguintes:

-Pórtico de estructura metálica para amarre da liña de chegada e prolongación de embarrados.

-Dous seccionadores xiratorios tripolares de 2000 A para barras.

-Interruptor automático tripolar en SF6, a 132 kV e 2000 A, con coitelas de P.A.T.

-Tres transformadores de tensión e outros tres de intensidade.

-Tres pararraios autoválvulas.

-Equipo de control, proteccións, medida e telemando no edificio de mando existente.

Segundo.-O citado proxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 21 de marzo de 2000, publicándose no DOG do 17 de abril e no BOP da Coruña do 7 de abril.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966,

RESOLVE:

1. Autoriza-la ampliación do módulo de liña 132 kV As Somozas na subestación de Mourela.

2. Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria