Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dá publicidade do resultado da adxudicación que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 0003PO.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: execución das obras de construcción dunha praza de abastos (1ª fase) e centro social do mar (2ª fase) en Bueu.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 231, do 29 de novembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos cinco millóns cincocentas cincuenta mil oitocentas sesenta e sete pesetas (405.550.867 pesetas), (2.407.409,80 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 22 de decembro de 2000.

b) Contratista: Puentes e Calzadas, Empresa Constructora, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trescentos setenta e catro millóns catrocentas cincuenta e oito mil pesetas (374.458.000 pesetas), (2.250.537,90 euros).

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda