Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar que se sinala e se empraza o interesado José García Rodríguez para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra 16 de xaneiro de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

García Rodríguez, José

DNI: 35.258.483-N

R/ A Barca, 18-1º A

Pontevedra

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte: Z-8630/2000

Liq. 25581