Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o día 11 de decembro de 2000 pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas.

Visto o texto do acordo asinado o día 11 de decembro de 2000, pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (48,4%), FECOMA-CC.OO.(27,7%), USO (8%) e FCM-CIG (14,6%), mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2001, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no

Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de xaneiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical.

Por MCA-UGT co 48,4%:

Adolfo Mosteirín Turía.

Carlos García Vázquez.

Pedro González Sordo.

Por FECOMA-CC.OO. co 27,7%:

Evaristo Manuel Arias Álvarez.

Jesús Varela Lodeiro.

Por USO co 8%:

Manuel Expósito López.

Manuel Silvarrey Cabado.

Por FCM-CIG co 14,6%:

Ignacio Javier García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, o 11 de decembro de 2000, ás 17 horas, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora do con

venio provincial de edificación e obras públicas co obxecto de tratar sobre o calendario laboral para o ano 2001.

Despois dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro: fixar como festivos do convenio para o ano 2001: o 26 de febreiro, 30 de abril, 17 de maio, 18 de maio, 2 de novembro, 7 de decembro, 24 de decembro, 31 de decembro, e 4 horas correspondentes á xornada de tarde do día 27 de abril.

Segundo: adapta-lo calendario laboral á xornada de 1.756 horas anuais para dar cumprimento ó artigo 70.1º do convenio xeral do sector construcción, que se xunta ó presente acordo.

Terceiro: os días FC que figuran no calendario, se coinciden en período vacacional, non computan para os efectos do FC.

Cuarto: autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora, Pilar Díaz Rodríguez, para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta os integrantes da comisión negociadora, no lugar e data indicados no encabezamento.